PortOlimpíadas galegas: xogando coa tradición

O proxecto “PortOlimpíadas Galegas” xurdiu para abordar a baixa utilización do galego e o desapego cara ás tradicións culturais entre o alumnado. Organizáronse as PortOlimpíadas como un evento para promover o uso do galego e a recuperación das tradicións a través de competicións en xogos tradicionais. A primeira fase do proxecto consistiu en coñecer e valorar o Centro de Interpretación do Xogo Popular e Tradicional e a súa xogoteca, investigando xogos tradicionais e recollendo léxico relacionado, establecendo un compromiso de usar o galego en todas as actividades. Na segunda fase, seleccionáronse xogos para competir en tres fases eliminatorias, coincidindo co magosto, o nadal e o entroido, con xogos de equipo, individuais e combinados. Na terceira fase, informouse a toda a comunidade educativa sobre o desenvolvemento das olimpíadas, organizando competicións no patio e formando equipos por aulas. Finalmente, os resultados do proxecto foron avaliados e difundidos a través de material didáctico, vídeos, fotografías e redes sociais. O proxecto logrou incrementar o uso do galego, fomentando a unión entre alumnado e profesorado e promovendo a valoración das tradicións galegas. As PortOlimpíadas Galegas foron unha iniciativa innovadora para revitalizar a lingua e a cultura galega, promovendo a participación activa e o traballo en equipo nun contexto lúdico e tradicional.

Este proxecto está enmarcado dentro do Plan Proxecta Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional.

A continuación expoñemos un resumo das fases e dos xogos das PortOlimpíadas:

De forma gráfica, nestes vídeos pode verse un resumo das tres fases:

Vídeo da I Fase

Vídeo da II Fase

Vídeo da III Fase

No que respecta ao traballo de recollida de léxico relacionado cos xogos tradicionais empregamos o caderno de traballo facilitado polo Instituto de Lingua Galega. A continuación pode verse dito caderno de traballo e o léxico recollido polo alumnado de Educación Infantil mediante códigos QR. Cabe destacar que dita recollida foi realizada na zona onde vive cada alumna/o o que enriquece dita recollida.

Caderno de traballo
Datos recollidos

Por último, nos seguintes enlaces poden verse as publicacións realizadas nas redes sociais:

https://www.instagram.com/p/CzbO2QBN53q/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==

https://www.instagram.com/p/CzgL8M1tgaH/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==

https://www.instagram.com/p/CzgMszitbbx/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==

https://www.instagram.com/p/CzpL8m_tNSq/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==

https://www.instagram.com/p/CzrQuQ-NUgD/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==

https://www.instagram.com/p/CzuJ_BDtfEd/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==

https://www.instagram.com/p/CzuKFBkttdW/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==

https://www.instagram.com/p/CzuPUkKtqxQ/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==

https://www.instagram.com/p/CzuPe6ZN38J/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==

https://www.instagram.com/reel/CzvcSLSOHqe/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==

https://www.instagram.com/p/C03VRIRt50t/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==

https://www.instagram.com/p/C1FbcPstPom/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==

https://www.instagram.com/reel/C1F2I0TNhG8/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==

https://www.instagram.com/reel/C1F2zcfPhXa/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==

https://www.instagram.com/p/C1F-SL5tUGs/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==

https://www.instagram.com/reel/C1Gy6fyp0C8/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==

https://www.instagram.com/reel/C2zYI1aOx0P/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==

https://www.instagram.com/p/C3DKfPFtZHj/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==

https://www.instagram.com/p/C3DSkfRNWFA/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==

https://www.instagram.com/p/C3XczEWtaVN/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==

https://www.instagram.com/reel/C9AdpIfxC5T/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==