Thayane vive no Río de Xaneiro e é profesora de portugués e galego. Ademais, imparte aulas de baile tradicional e tamén se encarga da dinamización da lingua galega no Brasil. Thayane ten claro as raíces do portugués están no galego e que claramente son linguas irmás. Porén, é moi triste o que conta acerca de que só sentiu prexuízos falando galego en Galicia e non noutras partes do mundo nas que si puido falar galego e foi respectada. Coma ti nós tamén queremos que a nosa lingua sexa eterna.

Desde aquí podemos escoitar e coñecer as súas impresións sobre o galego desde Brasil: https://www.instagram.com/reel/C5nQXvgrxmh/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==
Lucía é de Ferrol e vive tamén no Río de Xaneiro. Aínda que agora estase formando de novo dedicouse á docencia nunha universidade do Brasil e tamén foi embaixadora cultural sendo unha das súas competencias a difusión da cultura galega. Para Lucía o galego e o portugués son unha lingua común. Ademais, comenta que os brasileiros teñen moita facilidade para comprender o galego (máis que o portugués de Portugal). Así mesmo, destaca a gran vantaxe que os galegofalantes temos para traballar en países lusófonos.

Desde aquí podemos escoitar e coñecer as súas impresións sobre o galego desde Brasil: https://drive.google.com/file/d/1TwHazLEaOBWLhnLLgk66JkvVujCwMw48/view?usp=drive_link