Consideremos fundamental valorar a importancia do vínculo do galego co portugués de aí que fose un dos obxectivos do noso proxecto.
Pareceunos interesante contactar con profesionais, algunhas galegas, que traballan no Brasil para poder ter unha visión máis completa desde a perpectiva galega e brasileira.
Así mesmo, realizamos entrevistas a docentes que estiveron de Erasmus, estadía ou que traballan en Portugal para afondar nas vantaxes do galego no contexto profesional do país veciño e da vinculación dos dous idiomas.
É importe resaltar que os/as galegos/as temos unha vantaxe inmensa nas relacións empresariais con Portugal e con Brasil. E así o corroboran as testemuñas que responderon as nosas preguntas.
Así mesmo, non podemos esquecer que o portugués está entre as dez linguas máis faladas do mundo. E nós, como galegofalantes, temos esa gran oportunidade.
Para a realización das entrevistas, o alumnado realizou uns guións. Concretamente, un para as profesionais de Brasil e outro para as docentes.
No caso de Brasil decidimos realizar un podcast con cada profesional tendo como guía as seguintes preguntas:
Preguntas para conversar:
- Cal é o teu nome?
- De onde es (na Galiza)?
- Onde vives en Brasil?
- En que traballas en Brasil?
- Que utilidade cres que ten o galego no exterior e concretamente en Brasil?
- Que proximidade hai entre o galego e o portugués?
- Que visión se ten do galego en Brasil? E noutros países que coñezas?
- Cres que temos oportunidades ou vantaxes como galegofalantes? E, en concreto, en canto a saídas profesionais?
- Cres que aínda existen prexuízos sobre o galego? En caso afirmativo, daríanse na Galiza ou no exterior?
- Como é a celebración das Letras Galegas en Brasil? Participas nalgún acto?
- Que perspectiva de futuro ves para a lingua galega?
- Outros temas sobre o galego, vivencias coa lingua ou calquera cuestión que che pareza interesante comentar.
No caso do profesorado entrevistado en Portugal, respostaron por escrito ás seguintes cuestións:
- Que utilidade cres que ten o galego no exterior e concretamente en Portugall?
- Que proximidade hai entre o galego e o portugués?
- Que visión se ten do galego en Portugal?
- Cres que temos oportunidades ou vantaxes como galegofalantes? E, en concreto, en canto a saídas profesionais?
- Cres que aínda existen prexuízos sobre o galego? En caso afirmativo, daríanse na Galiza ou no exterior?
- Outros temas sobre o galego, vivencias coa lingua ou calquera cuestión que che pareza interesante comentar de Portugal.