Encontro Empresas en Galego e Internacionalización

A última fase do proxecto centrouse na difusión dos materiais elaborados, no contacto co tecido empresarial e na reflexión sobre as oportunidades que ofrece o galego nun contexto profesional cada vez máis internacional.

O alumnado tivo ocasión de coñecer experiencias reais de empresas e profesionais que empregan o galego na súa actividade diaria, así como de analizar a relación da nosa lingua co portugués e co espazo da lusofonía.

Esta fase estrutúrase en dous ámbitos de traballo:

Encontro Empresas en Galego

Os Encontros Empresas en Galego convertéronse nun espazo de encontro entre o alumnado e o tecido empresarial galego. Ao longo das súas tres edicións participaron empresas e entidades de diferentes ámbitos profesionais que empregan o galego con normalidade na súa actividade.

No marco do proxecto GalegoPro celebrouse o III Encontro Empresas en Galego, consolidando esta iniciativa como unha oportunidade para achegar referentes profesionais ao alumnado, favorecer o intercambio de experiencias e visibilizar o galego como unha ferramenta útil e plenamente válida no mundo laboral.

I Encontro

https://www.instagram.com/p/C7cs6qFtaOi/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==

https://www.instagram.com/p/C71usKIN10x/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==

II Encontro

https://www.instagram.com/p/DJyrTqENpkN/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==

https://www.instagram.com/p/DKgyXXbNG4D/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==

https://www.instagram.com/reel/DKg5U88Rf4b/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==

III Encontro

https://www.instagram.com/p/DYMs_c_DbQM/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==

https://www.instagram.com/p/DYNCGo9DUxR/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==

https://www.instagram.com/p/DbZ9srTjQnk/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==

O galego no exterior

Explorouse o potencial internacional do galego a través da súa proximidade co portugués e do contacto con profesionais que desenvolven a súa actividade en Portugal e no Brasil. Esta reflexión permitiu analizar novas oportunidades profesionais e valorar a utilidade do galego nun contexto global.