Repositorio colaborativo

O repositorio colaborativo reúne unha selección de materiais elaborados polo profesorado e polo alumnado das distintas familias profesionais do CIFP Portovello no marco do proxecto GalegoPro.

Todos os recursos están creados en galego e teñen unha finalidade práctica: servir de apoio ao traballo na aula, favorecer o uso da lingua en contextos profesionais e compartir experiencias que poidan ser reutilizadas por outros docentes e centros educativos.

A continuación recóllense algúns dos materiais elaborados durante o desenvolvemento do proxecto.


Administración e Xestión

Organización da formación das persoas condutoras

Neste módulo elaboráronse diferentes recursos destinados á formación de futuros docentes de formación viaria, empregando o galego como lingua de traballo en contextos profesionais.

Caderno profesional de evidencias de aprendizaxe

Documento empregado polo alumnado da formación Dual para realizar o seguimento das prácticas na empresa. Inclúe diarios de observación que permiten rexistrar aspectos relacionados coa organización da autoescola, a atención á clientela, a documentación administrativa, as clases teóricas e a formación práctica.

Recurso: Descargar caderno profesional de evidencias: https://drive.google.com/file/d/1v3ntDEf2ZoAoKdiU6HrTaRlDjHEJL0pk/view


Presentación sobre a proba práctica de condución

Material elaborado por unha alumna no que se explican as comprobacións previas do vehículo, as diferentes manobras, os criterios de cualificación e a clasificación das faltas durante o exame práctico.

Recurso: Descargar presentación: https://docs.google.com/presentation/d/1Jw9r6ONhJYY5gIYkbmlhg0Ho4TQDRYCa/edit?usp=sharing&ouid=117426868739491109236&rtpof=true&sd=true


Comercio e Márketing

Procesos de venda

Nesta actividade o alumnado adestrou situacións reais de venda mediante unha ferramenta de intelixencia artificial configurada polo profesorado. O obxectivo era practicar a comunicación comercial en galego adaptándose a diferentes perfís de clientela.

O alumnado debía seleccionar un tipo de cliente e describir o produto ou servizo que pretendía vender. A partir desa información iniciábase unha conversación simulada na que o asistente recreaba diferentes comportamentos e situacións comerciais.

Ao finalizar cada interacción, a aplicación ofrecía recomendacións para mellorar a comunicación, a argumentación comercial e a atención á clientela.

Recurso: Actividade de simulación de vendas.

Tarefa: Adestramento de vendas mediante intelixencia artificial

Nesta actividade empregarase un chatbot desenvolvido na plataforma PartyRock (https://partyrock.aws/u/danifr/vUJEi22Vh/VendApp%253A-Simulador-de-Vendas-Comerciais) co obxectivo de practicar habilidades de venda e comunicación comercial.

O alumnado deberá seleccionar un dos tipos de cliente estudados na unidade didáctica e describir un produto ou servizo que desexe comercializar. A partir desa información, o sistema proporcionará unha descrición do perfil do cliente e das súas características de comportamento.

Posteriormente iniciarase unha simulación de venda na que o alumnado deberá interactuar co cliente virtual aplicando técnicas de comunicación e argumentación comercial adecuadas.

Durante a conversa deberá:

  • Identificar o perfil do cliente.
  • Adaptar a súa estratexia de comunicación.
  • Resolver as posibles dúbidas formuladas.
  • Defender as vantaxes do produto ou servizo.
  • Aplicar técnicas de peche da venda.

O chatbot ofrecerá ademais recomendacións e consellos para mellorar a resposta comercial ao longo da simulación.

Unha posible resolución da actividade consistiría en seleccionar un cliente autoritario e intentar vender un ordenador portátil para uso profesional.

Tras analizar as características do cliente, a comunicación debería centrarse en argumentos claros e obxectivos, destacando aspectos como o rendemento do equipo, a fiabilidade da marca, a garantía ofrecida e a relación calidade-prezo.

Ao remate da simulación, o alumnado deberá ser capaz de identificar os aspectos positivos da interacción e os puntos susceptibles de mellora.

A continuación móstrase un exemplo testado na aula.

O alumnado debía escoller o tipo de cliente entre os estudados nos contidos do tema, e describir o produto ou servizo a vender. A partir de aí, desenvolvería unha charla, na que obtivo consellos para o tratamento do cliente.

O programa dáballe unha pequena descrición do cliente e do seu comportamento antes de iniciar a charla, a modo recordatorio.

A partir de aí desenvólvese a conversa, cunha descrición da comunicación non verbal do cliente atendido.

Tamén se proporcionan consellos para elaborar a resposta de forma automática.


Escaparatismo e Espazos Comerciais

Neste apartado recóllense os materiais elaborados para a Unidade Didáctica 3 do módulo Escaparatismo e Deseño de Espazos Comerciais, desenvolvidos integramente en galego. Inclúense os contidos teóricos da unidade, unha tarefa práctica baseada no deseño e implantación dun escaparate de Nadal e a correspondente rúbrica de avaliación, co obxectivo de facilitar a súa utilización e adaptación por parte doutro profesorado.

Recursos: Unidade didáctica · Tarefa práctica · Rúbrica de avaliación:

https://drive.google.com/file/d/1cASMC1GrsHyxPXX-vPX_bOi5mKQtZ2tw/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/14VrZGNm3gQMxJF7ctz9WtjVBk2tAPXj_/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/1Qx6KYbi7ge5RfjlQck2pWphK6rUkxe5d/view?usp=sharing


Comercio electrónico

Neste apartado recompílanse os materiais elaborados para a Unidade Didáctica 2 do módulo Comercio Electrónico, centrados na creación e mantemento de páxinas web corporativas. Inclúense os apuntamentos teóricos sobre planificación, deseño e publicación de sitios web, unha tarefa práctica consistente no desenvolvemento dunha páxina web en WordPress e a correspondente rúbrica de avaliación, co obxectivo de facilitar recursos en galego para o ensino deste módulo.

Recursos: Apuntamentos da unidade didáctica · Tarefa práctica · Rúbrica de avaliación.

https://drive.google.com/file/d/1a3figaqIitJBUKnDJTtUIcoD60aZ3Vpz/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/1ZDCVhl-hZKzT7JEZlvjz-AUZArIUi5aT/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/1wRH5kPFWUZzA21M8JiWCuHTHyhuMGdDh/view?usp=sharing


Servizos Socioculturais e á Comunidade

Educación Infantil

No módulo de Xogo elaboráronse actividades dedicadas a artistas galegos e galegas co propósito de integrar o patrimonio cultural na práctica educativa e promover o uso do galego na educación infantil.

Recursos: Descargar materiais: https://drive.google.com/file/d/1XLeQj7ZQ8GzZilB5NZRwpvCDSVPyHmAG/view?usp=sharing