Nesta sección recóllense os glosarios elaborados polo alumnado das distintas familias profesionais do CIFP Portovello. Cada un deles reúne o vocabulario técnico máis habitual do seu ámbito profesional, contribuíndo á normalización do uso do galego nos diferentes contextos laborais e á adquisición dunha terminoloxía especializada.
Ao longo do curso, o profesorado e o alumnado colaboraron na identificación, selección e revisión de vocabulario específico e tecnicismos propios de cada familia profesional. O obxectivo é crear un recurso útil que sirva de apoio tanto ao alumnado como ao profesorado, facilitando o emprego da terminoloxía galega na aula, na Formación en Centros de Traballo (FCT) e no futuro desempeño profesional.
Ademais da equivalencia en galego, os glosarios incorporan a tradución dos termos ao castelán, ao inglés e ao portugués, favorecendo tamén a competencia lingüística e a dimensión internacional do proxecto.
Como parte da difusión desta iniciativa, ao longo do curso publícanse periodicamente nas redes sociais diferentes palabras dos glosarios acompañadas da súa definición e doutra información de interese, co fin de dar visibilidade ao vocabulario profesional en galego e promover o seu uso.
A continuación preséntase un avance dos glosarios elaborados polo alumnado.









Os glosarios están organizados por familias profesionais e recóllense nun documento colaborativo que permite a súa actualización e ampliación continua, converténdose nun recurso vivo ao servizo da comunidade educativa:
Descargar palabra semanal: https://drive.google.com/file/d/1piJ9Yyiz8YEO3pJ0R3ZgKYoiiZfiVpX0/view?usp=sharing