{"id":741,"date":"2026-07-15T05:41:04","date_gmt":"2026-07-15T05:41:04","guid":{"rendered":"https:\/\/profesiogalizate.proxectosweb.org\/?page_id=741"},"modified":"2026-07-17T10:05:08","modified_gmt":"2026-07-17T10:05:08","slug":"portugal","status":"publish","type":"page","link":"https:\/\/profesiogalizate.proxectosweb.org\/index.php\/portugal\/","title":{"rendered":"Portugal"},"content":{"rendered":"\n<h2 class=\"wp-block-heading\">Entrevista 1. Raquel, Profesora galega participante nunha estad\u00eda en Portugal<\/h2>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>1. Que utilidade cres que ten o galego no exterior e concretamente en Portugal?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Moita, porque permite a comunicaci\u00f3n flu\u00edda con todos os pa\u00edses lus\u00f3fonos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>2. Que proximidade hai entre o galego e o portugu\u00e9s?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A proximidade ten que ver coa orixe no galego-portugu\u00e9s medieval. Na actualidade, esa orixe com\u00fan facilita que sexan linguas moi pr\u00f3ximas e cunha cultura bastante parecida, fundamentalmente coa zona mi\u00f1ota de Portugal.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>3. Que visi\u00f3n se ten do galego en Portugal?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">En Portugal, o galego adoita soarlles a castel\u00e1n. Por iso cambian con facilidade para esta lingua cando consideran que falamos un idioma pr\u00f3ximo, pero que non \u00e9 portugu\u00e9s.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>4. Cres que temos oportunidades ou vantaxes como galegofalantes? E, en concreto, en canto a sa\u00eddas profesionais?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Penso que o galego nos permite unha boa comunicaci\u00f3n con todos os pa\u00edses lus\u00f3fonos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>5. Cres que a\u00ednda existen prexu\u00edzos sobre o galego? En caso afirmativo, dar\u00edanse na Galiza ou no exterior?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Penso que os prexu\u00edzos, se existen, son dentro do territorio galego. En Portugal, os galegos son ben vistos: consid\u00e9rannos xente traballadora e entend\u00e9monos moi ben con eles.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>6. Outros temas sobre o galego, vivencias coa lingua ou calquera cuesti\u00f3n que che pareza interesante comentar de Portugal.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Para unha persoa galega, obter un nivel avanzado de portugu\u00e9s \u00e9 relativamente doado.<\/p>\n\n\n\n<hr class=\"wp-block-separator has-alpha-channel-opacity\"\/>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\">Entrevista 2. Luc\u00eda, Profesora galega participante nunha mobilidade Erasmus en Portugal<\/h2>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>1. Que utilidade cres que ten o galego no exterior e concretamente en Portugal?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">En Portugal, e sobre todo para galegos \u00abtransfronteirizos\u00bb que viven preto da fronteira, practicamente o galego e o portugu\u00e9s son linguas irm\u00e1s. Son un elemento m\u00e1is da cultura que facilita moito a conexi\u00f3n e o intercambio.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>2. Que proximidade hai entre o galego e o portugu\u00e9s?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Na escoita e na comprensi\u00f3n considero que est\u00e1n bastante pr\u00f3ximos, o que pode levar a pensar que a escrita tam\u00e9n \u00e9 sinxela, pero penso que non: ten a s\u00faa dificultade acadar un nivel medio.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>3. Que visi\u00f3n se ten do galego en Portugal?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Para os portugueses somos \u00abda Galiza\u00bb e s\u00e9ntennos m\u00e1is pr\u00f3ximos a eles se nos escoitan falar galego. Con todo, cando queren facerse entender, falan en castel\u00e1n. Nunca co\u00f1ec\u00edn ning\u00fan portugu\u00e9s que soubese galego.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>4. Cres que temos oportunidades ou vantaxes como galegofalantes? E, en concreto, en canto a sa\u00eddas profesionais?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Temos maior facilidade para aprender o idioma e tam\u00e9n para entendelo cando a\u00ednda non contamos cun nivel suficiente. \u00c9 unha oportunidade que se pode aproveitar no \u00e1mbito laboral.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>5. Cres que a\u00ednda existen prexu\u00edzos sobre o galego? En caso afirmativo, dar\u00edanse na Galiza ou no exterior?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">En Portugal, non. Consid\u00e9rannos m\u00e1is pr\u00f3ximos a eles, como xa dixen, sobre todo na rexi\u00f3n norte, e penso que valoran bastante diferentes aspectos da nosa terra, ademais do idioma.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>6. Outros temas sobre o galego, vivencias coa lingua ou calquera cuesti\u00f3n que che pareza interesante comentar de Portugal.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u2014<\/p>\n\n\n\n<hr class=\"wp-block-separator has-alpha-channel-opacity\"\/>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\">Entrevista 3. Nieves, Profesora galega que imparte aulas en Portugal<\/h2>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>1. Que utilidade cres que ten o galego no exterior e concretamente en Portugal?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Para as persoas galegofalantes, o galego axuda nun primeiro momento en cuesti\u00f3ns de entendemento b\u00e1sico, como pedir indicaci\u00f3ns, consultar horarios dos medios de transporte ou manter conversas sinxelas. Por\u00e9n, m\u00e1is adiante pode xerar certa confusi\u00f3n, xa que existen diferenzas entre ambas as linguas que as persoas galegofalantes non sempre percibimos tan rapidamente como quen non fala galego.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>2. Que proximidade hai entre o galego e o portugu\u00e9s?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Existen moitas similitudes, pero as diferenzas son maiores do que adoita pensarse.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>3. Que visi\u00f3n se ten do galego en Portugal?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Os portugueses, en xeral, non te\u00f1en a noci\u00f3n de que exista en Espa\u00f1a unha lingua cunha ra\u00edz com\u00fan ao portugu\u00e9s e tan pr\u00f3xima a el. Habitualmente consideran que todo \u00e9 castel\u00e1n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>4. Cres que temos oportunidades ou vantaxes como galegofalantes? E, en concreto, en canto a sa\u00eddas profesionais?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">As vantaxes danse, sobre todo, na integraci\u00f3n inicial no pa\u00eds ou durante visitas espor\u00e1dicas. Con todo, para estad\u00edas longas ou para desenvolver unha actividade profesional, \u00e9 necesario co\u00f1ecer o portugu\u00e9s.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>5. Cres que a\u00ednda existen prexu\u00edzos sobre o galego? En caso afirmativo, dar\u00edanse na Galiza ou no exterior?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Na mi\u00f1a opini\u00f3n, os prexu\u00edzos cara ao galego existen principalmente en Galicia.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>6. Outros temas sobre o galego, vivencias coa lingua ou calquera cuesti\u00f3n que che pareza interesante comentar de Portugal.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u2014<\/p>\n\n\n\n<hr class=\"wp-block-separator has-alpha-channel-opacity\"\/>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\">Entrevista 4. Nuno, Profesor portugu\u00e9s que imparte aulas en Galicia<\/h2>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>1. Que utilidade cres que ten o galego no exterior e concretamente en Portugal?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Creo que o galego ten unha utilidade moi importante en Portugal, sobre todo na zona norte do pa\u00eds, debido \u00e1 enorme proximidade ling\u00fc\u00edstica e cultural entre ambos os territorios. Para os portugueses, o galego resulta bastante accesible e facilita moito a comunicaci\u00f3n, tanto en contextos persoais como profesionais. Ademais, contrib\u00fae a reforzar os v\u00ednculos hist\u00f3ricos, culturais e econ\u00f3micos entre Galicia e Portugal. No meu caso persoal, son portugu\u00e9s, vivo en Portugal e traballo como profesor nunha universidade galega. A proximidade entre as d\u00faas linguas foi fundamental para a mi\u00f1a integraci\u00f3n profesional e social. Desde o primeiro momento puiden comprender gran parte das conversas, participar na vida acad\u00e9mica e relacionarme cos compa\u00f1eiros con naturalidade. Isto demostra de forma clara que o galego pode funcionar como unha verdadeira ponte entre Galicia e Portugal.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>2. Que proximidade hai entre o galego e o portugu\u00e9s?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A proximidade entre o galego e o portugu\u00e9s \u00e9 moi grande, tanto na lingua escrita como na oral. As d\u00faas proceden dun mesmo tronco hist\u00f3rico, o galego-portugu\u00e9s medieval, e a\u00ednda hoxe conservan numerosas semellanzas no vocabulario, na gram\u00e1tica e mesmo na pronuncia de moitas palabras. Como falante de portugu\u00e9s, sorprendeume comprobar que pod\u00eda entender gran parte do galego sen necesidade dun estudo previo espec\u00edfico. Evidentemente, existen diferenzas e particularidades propias de cada lingua, pero a intercomprensi\u00f3n \u00e9 moi elevada. Na pr\u00e1ctica, moitas veces os galegos e os portugueses poden conversar cada un na s\u00faa lingua sen grandes dificultades.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>3. Que visi\u00f3n se ten do galego en Portugal?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">En xeral, o galego \u00e9 visto en Portugal como unha lingua moi pr\u00f3xima ao portugu\u00e9s, unha especie de lingua irm\u00e1 coa que compartimos unha importante herdanza hist\u00f3rica. A maior\u00eda das persoas perciben esa proximidade de maneira natural e adoitan sentirse sorprendidas pola facilidade coa que poden comprender o galego. Por\u00e9n, tam\u00e9n \u00e9 certo que moitos portugueses non co\u00f1ecen en profundidade a realidade social e ling\u00fc\u00edstica de Galicia. Existe respecto e simpat\u00eda pola lingua galega, pero \u00e1s veces falta un maior co\u00f1ecemento da s\u00faa importancia cultural, do papel que desempe\u00f1a na sociedade galega actual e cal \u00e9 o seu impacto na lingua portuguesa.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>4. Cres que temos oportunidades ou vantaxes como galegofalantes? E, en concreto, en canto a sa\u00eddas profesionais?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Sen d\u00fabida. O co\u00f1ecemento do galego ofrece vantaxes tanto a nivel persoal como profesional. Nun contexto cada vez m\u00e1is globalizado, ser capaz de comunicarse en galego facilita as relaci\u00f3ns con Portugal e cos pa\u00edses de lingua portuguesa, especialmente en \u00e1mbitos como a educaci\u00f3n, a investigaci\u00f3n, a traduci\u00f3n, a cultura, o turismo ou as relaci\u00f3ns empresariais. Ademais, a relaci\u00f3n entre Galicia e o norte de Portugal foi historicamente moi estreita. Existe unha intensa mobilidade de traballadores, estudantes e empresas a ambos os lados da fronteira. Moitos portugueses traballan en Galicia e tam\u00e9n hai galegos que desenvolven a s\u00faa actividade profesional en Portugal. Neste contexto, o co\u00f1ecemento do galego sup\u00f3n unha clara vantaxe, xa que facilita a integraci\u00f3n laboral e social.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">No meu caso, como portugu\u00e9s que vive en Portugal e traballa como profesor nunha universidade galega, podo afirmar que a proximidade entre as d\u00faas linguas foi un factor moi importante. Non s\u00f3 facilitou a comunicaci\u00f3n diaria, sen\u00f3n tam\u00e9n a adaptaci\u00f3n ao \u00e1mbito acad\u00e9mico e \u00e1 vida en Galicia. Considero que dominar o galego pode abrir m\u00e1is oportunidades profesionais e mesmo favorecer a decisi\u00f3n de vivir ou traballar en Galicia, debido \u00e1 gran proximidade xeogr\u00e1fica, cultural e ling\u00fc\u00edstica que existe entre ambos os territorios. Creo que galegos e portugueses compartimos moitas m\u00e1is cousas das que \u00e1s veces pensamos. A lingua \u00e9 un dos elementos que mellor reflicte esa realidade com\u00fan e constit\u00fae unha ferramenta moi valiosa para fomentar a cooperaci\u00f3n e as oportunidades a ambos os lados da fronteira.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>5. Cres que a\u00ednda existen prexu\u00edzos sobre o galego? En caso afirmativo, dar\u00edanse na Galiza ou no exterior?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Si, penso que a\u00ednda existen alg\u00fans prexu\u00edzos, a\u00ednda que cada vez son menores. Moitas veces est\u00e1n relacionados con estereotipos hist\u00f3ricos que asociaban o galego a \u00e1mbitos rurais ou a situaci\u00f3ns de menor prestixio social. Na mi\u00f1a percepci\u00f3n, estes prexu\u00edzos son m\u00e1is frecuentes dentro de Galicia que en Portugal. Desde f\u00f3ra, o habitual \u00e9 ver o galego como unha lingua con identidade propia, riqueza cultural e unha relaci\u00f3n moi especial co portugu\u00e9s. En Portugal adoita valorarse como unha mostra da diversidade ling\u00fc\u00edstica da Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica e como unha lingua pr\u00f3xima \u00e1 nosa.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>6. Outros temas sobre o galego, vivencias coa lingua ou calquera cuesti\u00f3n que che pareza interesante comentar de Portugal.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Un dos aspectos que m\u00e1is me chamou a atenci\u00f3n desde que comecei a traballar en Galicia foi comprobar ata que punto galegos e portugueses compartimos formas de entender a cultura, as tradici\u00f3ns e mesmo a maneira de relacionarnos. Percibo moitas m\u00e1is semellanzas que diferenzas entre as d\u00faas sociedades. A lingua foi un elemento fundamental nesa experiencia. O feito de que o galego e o portugu\u00e9s sexan tan pr\u00f3ximos facilitou enormemente a mi\u00f1a integraci\u00f3n tanto no \u00e1mbito laboral como no persoal. Nunca sent\u00edn a lingua como unha barreira, &nbsp;ao contrario, converteuse nunha ferramenta de aproximaci\u00f3n e entendemento. Por iso considero que o galego debe verse como unha lingua propia de Galicia e tam\u00e9n como un punto de encontro que reforza os lazos hist\u00f3ricos e humanos entre Galicia e Portugal. Nun momento no que a cooperaci\u00f3n transfronteiriza \u00e9 cada vez m\u00e1is importante, esta proximidade ling\u00fc\u00edstica constit\u00fae unha riqueza extraordinaria que c\u00f3mpre valorar e aproveitar.<\/p>\n\n\n\n<hr class=\"wp-block-separator has-alpha-channel-opacity\"\/>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\">Conclusi\u00f3ns<\/h2>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">As entrevistas realizadas permiten comprobar que o galego constit\u00fae unha vantaxe para establecer un primeiro contacto con Portugal, especialmente pola s\u00faa proximidade co portugu\u00e9s e pola orixe com\u00fan de ambas as linguas. As persoas entrevistadas coinciden en sinalar que esta afinidade facilita a comprensi\u00f3n oral, a comunicaci\u00f3n inicial e a aprendizaxe posterior do portugu\u00e9s.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ao mesmo tempo, todas elas destacan que esta proximidade non debe levar a pensar que ambas as linguas son id\u00e9nticas. Para desenvolver unha actividade profesional ou establecer relaci\u00f3ns laborais estables en Portugal resulta necesario adquirir un bo dominio do portugu\u00e9s.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Outro aspecto compartido \u00e9 que, en Portugal, existe unha percepci\u00f3n positiva do galego e da s\u00faa proximidade co portugu\u00e9s. A\u00ednda que moitas persoas non co\u00f1ecen en profundidade a realidade socioling\u00fc\u00edstica de Galicia e, nalg\u00fans casos, identifican inicialmente o galego co castel\u00e1n, as entrevistas coinciden en sinalar que a lingua galega \u00e9 vista con respecto e simpat\u00eda. Pola contra, consideran que os principais prexu\u00edzos sobre o galego contin\u00faan localiz\u00e1ndose dentro de Galicia.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">En conxunto, as entrevistas evidencian que o co\u00f1ecemento do galego representa unha oportunidade para facilitar as relaci\u00f3ns persoais, acad\u00e9micas e profesionais co mundo lus\u00f3fono, reforzando a importancia de aproveitar a proximidade entre ambas as linguas como un valor engadido para a formaci\u00f3n e a internacionalizaci\u00f3n do alumnado. Ademais, po\u00f1en de manifesto que esta proximidade ling\u00fc\u00edstica favorece a mobilidade e a cooperaci\u00f3n transfronteiriza, convertendo o galego nunha ponte natural entre Galicia e Portugal.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Entrevista 1. Raquel, Profesora galega participante nunha estad\u00eda en Portugal 1. Que utilidade cres que ten o galego no exterior e concretamente en Portugal? Moita, porque permite a comunicaci\u00f3n flu\u00edda con todos os pa\u00edses lus\u00f3fonos. 2. Que proximidade hai entre o galego e o portugu\u00e9s? A proximidade ten que ver coa orixe no galego-portugu\u00e9s medieval. &#8230; <a title=\"Portugal\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/profesiogalizate.proxectosweb.org\/index.php\/portugal\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Portugal\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"","meta":{"footnotes":""},"class_list":["post-741","page","type-page","status-publish"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/profesiogalizate.proxectosweb.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/741","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/profesiogalizate.proxectosweb.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"https:\/\/profesiogalizate.proxectosweb.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/profesiogalizate.proxectosweb.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/profesiogalizate.proxectosweb.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=741"}],"version-history":[{"count":8,"href":"https:\/\/profesiogalizate.proxectosweb.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/741\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":863,"href":"https:\/\/profesiogalizate.proxectosweb.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/741\/revisions\/863"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/profesiogalizate.proxectosweb.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=741"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}